Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Participación pioneira de Galiza

Homenaxe ás irmandiñas que trouxeron a prata do Mundial

A selección galega feminina de futsal chegou a Compostela, após proclamarse en Reus, subcampioa do Mundo. Vexan o vídeo no interior.

Redacción: A. Rodríguez / Vídeo: Isabel G. Couso - 13:30 09/10/2008
Ánxela Bugallo, a capitá da selección, Sonia Pacios, e Marta Souto coa copa e o balón do Mundial

Ánxela Bugallo, a capitá da selección, Sonia Pacios, e Marta Souto coa copa e o balón do Mundial

As irmandiñas volveron do primeiro Mundial da historia do fútbol sala feminino cunha medalla de prata pendurada do pescozo, tras quedar subcampioas e demostrar a calidade do seu traballo en equipo.

As galegas chegaron á final tras perder, pola mínima contra Rusia, e gañarlle a Ucraína, a Arxentina e a Colombia. No último partido, o que outorgaba a copa, as galegas foron moi superiores ás suas rivais, as catalás, mais ao final o Mundial foi para as anfitrioas. Porén, as galegas foron a revelación nun campionato no que, ao comezo, só se falaba das arxentinas ou das australianas. Terminado o histórico Mundial, Galiza quedaba para a historia como un dos mellores conxuntos do mundo no fútbol sala feminino.

Esta cuarta feira, en Compostela, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, recibiron as irmandiñas, dándolles a noraboa pola marca que fixeron na historia dos deportes femininos en Galiza, ademais de na historia do futsal.

"Este subcampionato ten un valor moi importante"
Durante a homenaxe, Ánxela Bugallo felicitou ás xogadoras galegas polo seu éxito e lembrou que "antes de que comezara o campionato, conformabámosnos con que Galiza estivese neste Mundial, por iso este subcampionato ten un valor moi importante, xa que representa moito para o deporte feminino do noso país".

A conselleira tamén se dirixiu ás mozas dicindo estar "orgullosa" polo "esforzo feito" e o "moitísimo talento deportivo" que as irmandiñas deixaron patente en Reus. Tamén lles preguntou ás xogadoras da selección se eran xa conscientes "do que acabades de facer". Para Bugallo, este novo éxito "demostra que o deporte feminino galego merece as mellores oportunidades" porque sempre responde ás expectativas.

Pouca repercusión nos medios de comunicación
Na súa quenda de palabra, a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, cualificou de "histórica" para o deporte galego a medalla de prata das irmandiñas, mais tamén quixo lembrar que "unha vez máis" notouse o principal problema que ten o deporte feminino: o pouco apoio que atopa nos medios que comunicación xa que, segundo dixo, a repercusión deste Mundial na prensa, na TV na radio e nos medios electrónicos "foi moito menor do que debería ser".

Da pouca repercusión que ten o deporte feminino nos medios, da calidade deste combinado, dos detalles dos encontros xogados no Mundial e da importancia desta subcampionato para Galiza falamos co seleccionador nacional, o viveirense Eduardo Lago, Tito, e con Claudia Rodríguez, unha das irmandiñas e xogadora do acabado de crear Burela FS feminino. Vexan o vídeo a carón desta información


Ligazóns

4,76/5 (17 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Recepción á selección irmandiña

As irmandiñas e o seleccionador nacional, Tito, atendento ás palabras de Ánxela Bugallo
As irmandiñas e o seleccionador nacional, Tito, atendento ás palabras de Ánxela Bugallo
As mozas da selección trouxeron dous balóns de recordo
As mozas da selección trouxeron dous balóns de recordo
Unha imaxe da camisola que Bugallo, Souto e Adán entregaron ás irmandiñas
Unha imaxe da camisola que Bugallo, Souto e Adán entregaron ás irmandiñas