Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol sala

As galegas pasan a cuartos de final no Mundial

Dependían do que fixese Rusia fronte a Ucraína. Finalmente, as rusas axudaron. As irmandiñas enfrontaranse agora á perigosa selección arxentina.

Redacción - 11:15 02/10/2008
Imaxe do partido Paraguai-Italia na xornada de inauguración do Mundial

Imaxe do partido Paraguai-Italia na xornada de inauguración do Mundial

A selección galega xogaba onte, sen pisar sequera o parqué do pavillón de Reus, o pase a cuartos de final do I Mundial Feminino de Fútbol Sala.

O conxunto galego perdera un partido (contra Rusia, 3-2) e gañara outro (contra Ucraína, 5-4); daquela, para saber se pasaba de fase tiña que agardar a coñecer o resultado do encontro que enfrontaba, esta cuarta feira de tarde, ás rusas e ás ucraínas entre si.

Finalmente, Rusia superou o conxunto ucraíno por 4 a 2, quedando primeira de grupo, e Galiza pasou á seguinte fase. As irmandiñas terán que se enfrontar, a vindeira sexta feira 3 de outubro ás 17:30 horas, a Arxentina, unha das seleccións máis potentes, que chegou a cuartos como primeira de grupo, vencendo a Bélxica por 1-8 e a Venezuela por 2-6.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: