Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate do Estado da Nación

"Grazas por nada", repite Ruíz Rivas

O voceiro do PP acusou de soberbia ao Goberno e usou para o peche da súa intervención a mesma frase que Feijoo o día anterior.

Redacción - 19:30 08/10/2008

En parecidos termos aos usados polo líder do PpdeG, Manuel Ruíz Rivas, voceiro parlamentario do PPdeG, dixo ver "obsesión polo pasado" no bipartito e acusou de "ocultación da realidade" a socialistas e nacionalistas. Na opinión de Ruíz Rivas, as 584 propostas de resolución presentadas polo PP, fronte ás 31 pactadas por PsdeG e BNG son exemplo "do traballo duns e doutros".

Rivas volveu solicitar que o Goberno se aveña a negociar os orzamentos da Xunta para 2009 coa oposición, indicando que este "é o instrumento máis potente para facer fronte á actual situación de desaceleración". Ao respecto do "plan de austeridade" que dixo ver necesario, Rivas referiuse, ao igual que o fixera Feijoo o día anterior, á supresión de consellarías, unidades administrativas e número de asesores.

"As marabillas que dixo onte malamente podería repetilas en calquera mercado de abastos de Galiza", comentou o voceiro popular en dirección ao presidente da Xunta. Ruíz Rivas insistiu en criticar que o Goberno "non ten contacto coa xente".


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: