Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dálle a razón á Xunta

O goberno español admite as violacións competenciais en materia de turismo e muller

Madrid responde así aos requirimentos de incompetencia presentados desde Galiza, ao tempo que a Xunta prepara unha nova queixa por unha intromisión no eido do transporte metropolitano.

Redacción - 13:50 08/10/2008

Para exercicios futuros, o goberno español comprométese a repartir os fondos entre as comunidades autónomas segundo criterios obxectivos ou a realizar convenios ao respecto. Así resolven desde o executivo estatal os dous requirimentos de incompetencia instados pola Xunta ao fío dunha resolución de subvencións ao emprendemento do Instituto da Muller e outra da Secretaría de Estado de Turismo para a concesión de axudas para a promoción turística.

A Vicepresidencia da Xunta informará este xoves no Consello da Xunta da resposta do Consello de Ministros sobre á protesta de Galiza. Segundo avanzan, o goberno español recoñeceu que as resolucións non se axustaban ao marco competencial descrito polo que modificarán o deseño destas axudas en 2009 para evitárenlle prexuízos a potenciais beneficiarios da convocatoria.

Nova queixa no ámbito do transporte
Ao tempo, o Consello da Xunta debe darlle beizón este xoves a un novo requirimento de incompetencia a xestionar por Vicepresidencia. Trátase neste caso da convocatoria realizada polo executivo español de axudas a programas piloto que promovan a mobilidade sostible en ámbitos urbanos e metropolitanos.

O Goberno atopa que esta orde vulnera tamén o reparto competencial acordado en Constitución e Estatuto, ao asumir o Estado un proceso de subvencións nunha materia que en Galiza é competencia exclusiva da Xunta. No documento que se achegará a Madrid, o Goberno subliña que o infractor neste caso, o Ministerio de Fomento, non pode atribuírse a totalidade das funcións de execución destas axudas, desde a xestión até a concesión e o pagamento, nun área onde lle correspondería a actuación e xestión dos cartos á Consellaría de Política Territorial.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: