Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

Quintana recaba o 95% dos votos da primeira asemblea por delegados do BNG

O líder dos nacionalistas reiterou que é posíbel superar os 18 deputados acadados por Beiras en 1997.

Redacción - 19:30 05/10/2008
Tags:

As matemáticas deixaron pouco, ou ningún, lugar para as dúbidas. Dos 1.373 delegados que exerceron o seu dereito ao voto, 1.314 (95,7%) apoiaron a Anxo Quintana como candidato do Bloque á Xunta; 38 votaron en contra, 18 optaron polo sufraxio en branco e tres emitiron votos que resultaron nulos.

Logo de anunciarse pola megafonía o escrutinio, Anxo Quintana volveu dirixirse ao plenario. Reiterando as ideas básicas do seu primeiro discurso da xornada, Quintana felicitouse por unha asemblea protagonizada polo “sentidiño”. A diferenza que na primeira intervención, o líder do Bloque centrou boa parte do seu discurso na crise económica.

Segundo as súas palabras, o BNG é a única forza que demostra ter solucións propias nunha época de vacas fracas. Como exemplo detívose no reparto de concesións eólicas que se van facer este outono. Quintana sinalou que, a pesar de todas as críticas, “o que estamos a facer no sistema eólico é cambiar a historia. É a primeira vez que se lexisla a prol de todos os galegos e galegas”.

Quintana tamén insistiu na necesidade de “romper fronteiras” para acadar os votos dunha “maioría galeguista”. Con esta receita, volveu a apostar, o BNG pode conseguir o seu mellor resultado electoral da historia. Para logralo, tería que superar os 18 parlamentarios que obtivo o Bloque en 1997 (cinco máis que nos últimos comicios).

Anteriores:


3/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: