Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sen o seu consentimento

A Feijóo parécelle que o PP actuou "de boa fe" ao incluír veciños do Grove nas listas vascas

A Axencia Española púxolle unha multa ao partido por empregar nomes doutras persoas alleas a el nas eleccións municipais de 2007. A dirección do grupo popular vai recorrer.

Redacción / EP - 18:30 02/10/2008
O líder do PPdeG, Alberte Núñez Feijóo

O líder do PPdeG, Alberte Núñez Feijóo

Esta semana a Axencia Española de Protección de Datos (AGPD) resolveu poñerlle á dirección do PP unha multa de máis de 60 mil euros por incluír nas listaxes electorais do partido en Euskadi, nas eleccións municipais de 2007, os nomes de varios veciños do Grove (O Salnés) sen o seu consentimento.

Hai que axudar aos vascos
A dirección do Partido Popular decidiu recorrer a multa, e esta quinta feira o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijóo defendía esta postura. O popular galego dixo que o seu partido actuou "de boa fe" neste caso "en todo momento", polo que se amosou partidario da decisión de recorrer a sanción "cos argumentos que se teñan dende o PP de Pontevedra".

Porén, Feijóo quixo insistir en "lamentar o acontecido" se o partido "errou en algo", aínda que considerou que "axudar aos paisanos vascos é algo positivo, e isto non significa que haxa que facelo co escrupuloso cumprimento da lei". O líder dos populares galegos terminou avogando por que o seu partido acredite ante a opinión pública e a Xustiza "se cumpriu ou se desviou da lei".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: