Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
INAUGURADA EN VIGO A MOSTRA 'GALICIA 25'

O Consello da Cultura mirará en 2009 cara a Piñeiro e tamén a Lusofonía

A institución celebrou en Vigo o seu plenario, onde se fixaron as principais liñas de actuación para o vindeiro ano.

Redacción - 14:03 02/10/2008

O Consello da Cultura procurará enfocar a súa actividade no vindeiro ano cara a Europa e os vencellos que a cultura galega mantivo e mantén coas escolas e tradicións do continente. Este vencello europeo estará ligado á celebración do Día das Letras, dedicado a Ramón Piñeiro, convencido europeísta e primeiro presidente da institución. Tamén se deu a coñecer que outro dos fíos condutores da actividade no 2009 será a atención á dimensión lusófona de Galiza. A terceira liña de traballo, que se concretarán nunha nova reunión do Consello, que se celebrará en novembro ou na primeira quincena de decembro, tamén se abordarán aspectos relativos ás industrias culturais e ás novas tecnoloxías.

A sesión plenaria, que se celebrou por vez primeira fóra de Santiago, serviu para poñer en marcha o novo regulamento do Consello, unha normativa que ten o obxetivo de axilizar e facer máis eficaz este organismo e, polo tanto, potenciar a capacidade da "primera institución cultural de Galicia", en palabras do seu presidente Ramón Villares. Villares tamén destacou entre os obxectivos da institución o de avanzar na descentralización da súa actividade, e puxo como exemplo a inauguración da mostra Galicia 25 en Vigo.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: