Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Executado polo franquismo en 1940

Alemaña e Francia piden perdón pola deportación de Lluís Companys

Dende o Open Vieiros, un lector informa que a campaña pola anulación do xuízo ao ex presidente catalán lembra a súa relación con Galiza.

Redacción - 12:50 29/09/2008
Lluís Companys

Lluís Companys

No verán de 1940, o presidente do goberno de Cataluña no exilio, Lluís Companys, era detido en Francia. Pouco despois, as autoridades francesas e a Gestapo -Policía secreta da Alemaña nazi- entregábano ao réxime franquista que o executaba o 15 de outubro.

A Comissió de la Dignitat e a Generalitat realizan este luns un acto de desagravio a Companys, coa participación dos cónsules de Alemaña e Francia, Christine Gläser e Pascal Brice, respectivamente, que pedirán perdón, por vez primeira, por aquel feito.

Por outra banda, o goberno catalán iniciará un proceso para solicitarlle ao español a reparación e a dignificación de Companys, como paso previo para pedir a nulidade do xuízo que o condenou, segundo anunciou este domingo o conselleiro do Interior, Joan Saura.

Lluís Companys e Galiza

Precisamente, neste senso, un usuario do Open Vieiros informa de que a campaña pola anulación deste proceso franquista lembra tamén a súa relación con Galiza. Poden ampliar na nova redactada por este lector.


4,17/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: