Repartiranse milleiros de bolsas ecolóxicas biodegradábeis e reutilizábeis.
Reducir o consumo de bolsas de plástico é actualmente unha preocupación recorrente no panorama mundial
Este xoves celebrarase en Galiza o Día Sen Bolsas, promovido pola Dirección Xeral de Comercio coa intención de integralo dentro da campaña de sensibilización social "Galiza, comercio verde". Repartiranse milleiros de bolsas ecolóxicas nas principais rúas comerciais do país, feitas de férula de pataca e outras dun tecido fabricado sen utilizar contaminantes.
Con esta iniciativa trátase de mellorar uns datos segundo os que en Galiza utilizamos máis de 600 millóns de bolsas ao ano, e só unha pequena porcentaxe das mesmas son ecolóxicas. Moitas de elas rematan nos ríos ou tiradas nas rúas, provocando unha acusada contaminación visual e, á cima de todo, medioambiental.
A iniciativa conta co apoio de importantes membros do sector comercio e constitúe só un primeiro paso dunha campaña de fomento no uso deste tipo de materiais. Nesta liña van as axudas e incentivos que recibirán a partir do ano próximo aqueles comercios que utilicen bolsas ecolóxicas e material promocional biodegradábel e reutilizábel.