Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Loita contra o cambio climático

China prohibe as bolsas de plástico nos comercios

Os cidadáns do país máis poboado do planeta consomen 3.000 millóns de unidades diarias.

Redacción - 13:26 09/01/2008
A medida vai entrar en vigor o 1 de xuño

A medida vai entrar en vigor o 1 de xuño

Os comercios de China non van poder subministrar bolsas de plástico de balde aos seus clientes a partir do vindeiro 1 de xuño, segundo unha orde divulgada esta cuarta feira polo Consello de Estado (Executivo) na súa web.

O repartimento gratuíto e a produción de bolsas ultrafinas, cun grosor por baixo de 0,025 milímetros -as máis utilizadas nos mercados e supermercados de China-, vaise vetar a partir desa data baixo pena de multas aínda non especificadas. Calcúlase que os chineses usan 3.000 millóns de unidades diarias.

"O noso país consome enormes cantidades de bolsas de plástico cada ano. Aínda que supón unha comodidade para os consumidores, causan unha grave contaminación e malgasto de enerxía e de recursos, debido ao exceso de uso e á inadecuada reciclaxe", di a orde.

O goberno anima aos cidadáns a regresar ás bolsas de tea e ás cestas cando fagan as súas compras. A medida foi acollida de diferente maneira: algúns considérana positiva, namentres que outros se queixan de que suporá un novo gasto, nun momento en que a inflación é a principal preocupación da sociedade chinesa.

China produce tres millóns de toneladas de residuos plásticos cada ano. A nova medida podería servir para reducilos en dúas terceiras partes, segundo afirmaron os expertos consultados polo Consello de Estado.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: