Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PESCA

O acordo entre os bateeiros devolve o mexillón aos mercados

A Plataforma para a Distribución de Mexillón de Galiza (Pladimega) e a Federación Arousa–Norte chegaron a un consenso á última hora deste domingo.

Redacción - 11:50 22/09/2008

A normalidade é a imaxe que nos devolven os portos, despois de que na noite deste pasado domingo Pladimega e a Federación Arousa – Norte chegasen a un acordo. Centos de embarcacións, camións, unhas vinte asociacións produtoras e corenta depuradoras volveron aos peiraos, onde se descarga o mexillón sen ningún tipo de problema. O acordo acadado despois de seis horas de negociacións e baixo a mediación da Consellaría de Pesca, supón superar as diferenzas entre as organizacións de bateeiros, centradas fundamentalmente no xeito de repartir as descargas de fresco.

A conselleira de Pesca, Carme Gallego, felicitouse deste acordo e subliñou o esforzo realizado por ambas partes a prol de non prexudicar o sector e citou importantes puntos de consenso: a creación dunha mesa do mexillón, facer un control semanal do molusco ou que se promova dende a consellaría un estudo en cada polígono de batea para coñecer os seus rendementos e en que épocas do ano están en condicións óptimas para o traslado do produto ao mercado.

Na xornada do domingo, na que xa se acadara un acordo coas depuradoras, a extracción do bivalvo ascendeu a 500 toneladas para subministrar en fresco, destinadas fundamentalmente a grandes superficies comerciais do Estado español e ao mercado italiano, onde hoxe chegará o primeiro molusco galego trala folga dos últimos días.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: