Sobre o proceso eólico, está pendente a constitución da comisión de valoración do proceso, na que deben participar todas as consellarías implicadas.
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, comparecerá a petición propia no pleno desta vindeira semana para abordar o proceso de adxudicación do concurso eólico e a política enerxética que segue o departamento que dirixe. Sobre o proceso eólico, está pendente a constitución da comisión de valoración do proceso recollida no decreto, na que deberán participar as consellarías implicadas no concurso (as socialistas Política Territorial e Medio Ambiente, ademais de Medio Rural, gobernada polo BNG).
Doutra banda, a orde do día inclúe a comparecencia, tamén a petición propia, da conselleira de Pesca, Carmen Gallego, na que abordará o Plan Galego de Acuicultura. Ademais, o Parlamento debaterá unha moción sobre este plan, derivada da interpelación presentada polos 'populares' na anterior sesión da Cámara.
Durante a sesión da Cámara galega, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, responderá sobre os proxectos das concesións hidroeléctricas, fará unha valoración sobre as directrices do territorio e falará sobre a industria galega na actual crise económica.