Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
PRÉSTAMO DO IFAD

Mozambique recibirá 31 millóns de dólares para o desenvolvemento do comercio agrario

A axuda pretende aumentar os ingresos dos labregos mozambicanos, potenciando a venda dos seus excedentes.

Redacción - 18:00 19/09/2008

O Fondo Internacional para a Agricultura e o Desenvolvemento (IFAD) concedeulle un préstamo de 31 millóns de dólares a Mozambique para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrícolas no país que permitan xerar ingresos para a poboación.

Segundo o IFAD, a ineficiencia do mercado rural e agrícola aféctalle negativamente á poboación rural do norte de Mozambique. Nun comunicado de prensa, indica que os pequenos propietarios non arriscan a vender os seus excedentes polos escasas ganancias que lles reportan.

O programa pretende mellorar a comercialización, dándolles aos agricultores incentivos para abandonar unha economía de subsistencia, creando arredor de 670 asociacións e 375 vendedores a pequena escala dun total de 20 mil agricultores.

Dende a súa constitución, en 1978, o IFAD emprestou 143,9 millóns de dólares a Mozambique mediante nove programas e proxectos. Dous terzos dos 20 millóns de habitantes do país viven debaixo do limiar da pobreza, segundo as estatísticas do Banco Mundial.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: