O concello de Oleiros acolle esta fin de semana o Encontro Galego Portugués de Cooperación en Mozambique. A iniciativa procura "promover un tecido" entre ambos países de cooperación e "acadar compromisos concretos de actuacións integrais entre os actores dos distintos países" a prol do desenvolvemento de Mozambique.
A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, inaugurou na mañá do sábado o encontro organizado por Axuda en Acción. Segundo anunciou Sotelo, o goberno galego destinará 670.000 euros a diversos proxectos na procura do desenvolvemento do país africano. Segundo a directora xeral, é necesario procurar vías de comunicación entre os actores de axuda de Galiza e Portugal aproveitando as posibilidades que brinda a proximidade da lingua e a cultura portuguesa.
Participaron no acto de inauguración do encontro o director nacional de Acçăo Social do goberno de Mozambique, Álvaro Francisco, a Presidenta da Plataforma de oenegués portuguesas, Sophie Robin, e o director xeral de Axuda en Acción, Rafael Beneyto.