Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
NATACIÓN, 4X50 METROS ESTILOS

Broche de bronce aos Xogos Paralímpicos

O equipo no que participan Pablo Cimadevila e Chano Rodríguez acadou a segunda medalla do día.

Redacción - 18:15 15/09/2008
Chano co seu último bronce

Chano co seu último bronce

Do 'cubo de auga' chegou o quinto metal galego nestes Xogos Paralímpicos, igual que fixeran os catro anteriores. Chano Rodríguez, subiu ao podio por segunda vez este luns, aínda que agora acompañado de Pablo Cimadevila.

Pablo fixo o primeiro relevo, rematando sexto, mentres que Chano foi o último do seu equipo en nadar. Nuns rápidos 50 metros conseguiu meterse terceiro, superando así o equipo ucraíno que caeu até o quinto lugar.

A vitoria final foi para o equipo chinés que fixo uns espectaculares dous últimos relevos para acadar un tempo de 2.40,38 minutos, que mellora a marca mundial vixente. Esta marca pertencía ao equipo brasileiro, que conseguiu a prata despois de sucumbir ao empuxe dos locais malia o grande inicio da súa estrela, Daniel Dias.

Galiza finaliza a súa participación nestes Xogos con cinco medallas. Desta volta non se conseguiu ningún ouro. O que máis perto estivo de obtelo foi Rodríguez Veloso, que acabou a 58 centésimas do primeiro posto na final dos 4x50 metros libres.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: