Os xornais estadounidenses resaltan que a economía sufriu unha das fins de semana máis "dramáticas" da súa historia.
A economía estadounidense vive nas últimas horas momentos especialmente convulsos. Un bo exemplo é o que está a acontecer en Wall Street. Lehman Brothers declararase este luns en creba mentres que os directivos de Merril Lynch aceptaron unha oferta de 44 mil millóns de dolares de Bank of America para evitar que a sociedade de investimento tivese que ir tamén á creba.
A prensa de EUA sinala que esta fin de semana foi unha das máis dramáticas, dende o punto de vista económico, que se lembran no país. Ao longo de toda a xornada do domingo, o banco Lehman Brothers, con 158 anos de actividade, intentou por todos os medios unha luz para saír da crise. A entidade financeira Barclays retirouse da poxa polo banco estadounidense.
Máis sorte tivo a entidade Merrill Lynch. O Bank of America, o segundo con máis recursos de EUA, chegou a un acordo para mercar esta empresa por 44 mil millóns de dólares (perto de 31 mil millóns de euros), segundo adiantaba Washington Post.
Máis información aquí:
Wall Street Journal: Crisis on Wal Street as Lehman Totters, Merril Is Sold, AIG Seeks to Raish Cash
Washington Post: Lehman Bros. Prepares for Brankruptcy Filing
New York Times: After Frantic Day, Wall St. Banks Falter