As bolsas europeas caen unha media dun 3% nos primeiros momentos de actividade da semana.
Os mercados financeiros europeos están a reaccionar moi negativamente ao anuncio de creba de Lehman Brothers e á venda de Merrill Lynch a Bank of America. As bolsas europeas desconfían da solvencia do sistema bancario estadounidense e o pesimismo fíxose notar.
Nos primeiros momentos de negociación, Londres caeu un 2,7%, Francfort un 2,9, París un 3,5 e Madrid un 2,8. Pola súa parte, o índice EuroSTOXX 50, que aglutina os principais valores da zona euro, caía tres puntos.
Le Monde: Les Bourses en forte baisse après la mise en faillite de Lehman Brothers
The Guardian: London market slump after Lehman collapse