Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Máis dun cento de concellos penduran a insignia

A bandeira independentista catalana, que cumpre 100 anos, protagoniza a Diada

O voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, participa nos actos institucionais e nos de CiU, mentres o senador Pérez Bouza acode aos de ERC.

Redacción - 12:20 11/09/2008

O Día Nacional de Cataluña (Diada) está marcado este ano polas homenaxes públicas á bandeira independentistas (estelada). No centenario desta insignia, máis dun cento de concellos penduran este xoves a bandeira coa estrela branca e o triángulo azul. A maioría dos rexedores de CiU, ERC, Iniciativa per Catalunya ou de CUP sumáronse á iniciativa, aínda que tamén houbo casos onde o PSC votou a favor. No plano máis institucional, o presidente do Parlament, Ernest Benach, fixo un chamamento para que os partidos cataláns se unan para negociar un novo modelo de financiamento.

Dende Galiza viaxaron até terras catalanas dirixentes do BNG para participar na Diada. O voceiro nacional, Anxo Quintana, participou na oferenda floral de CiU e nos actos institucionais organizados polo Parlament. Pola súa parte, o senador do Bloque, Xosé Manuel Pérez Bouza, está presente nos actos que organiza Esquerra Republicana.

Poden ampliar información aquí:

Vilaweb: Diada amb estel
El punt: Guerra de banderes
Avui: Govern i Parlament obren las ofrenes florals al monument a Rafael Casanova


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: