Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O furacán pasa a tormenta tropical

Aínda que con menos forza da esperada, o 'Gustav' deixa sete mortos ao seu paso por Louisiana

O ciclón, que se dirixe cara a Texas, baixou a categoría dúas ao chegar a terra, cunha intensidade inferior á do 'Katrina' de hai tres anos.

Redacción - 09:20 02/09/2008

Polo momento sete persoas morreron no sur de Louisiana (EUA) logo do paso do furacán Gustav, que baixou á categoría dúas -un nivel considerabelmente inferior ao do Katrina de hai tres anos- unha vez impactou coa terra.

Segundo as autoridades estatais, catro dos falecidos eran enfermos en estado moi grave que morreron cando eran evacuados de hospitais en Nova Orleans, a capital do Estado. As outras tres persoas faleceron en dous accidentes provocados pola caída de árbores.

Ademais, máis de 800 mil persoas fican sen electricidade no sur de Louisiana. Mentres, o Gustav avanza en dirección ao sur de Texas, con tendencia a debilitarse cada vez máis e convertido xa en tormenta tropical, cunha intensidade menor da esperada logo de bater nas illas do Caribe.

Nos diques de Nova Orleans non se detectaron danos e o sistema de drenaxe parece funcionar, un dos problemas causantes da catástrofe de hai tres anos. No entanto, até pasadas unhas horas os expertos non poderán confirmar se os diques aguantarán a presión da auga.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: