Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O 'Katrina' na memoria

O 'Gustav' abandona o Caribe en dirección ao sueste de EUA

O furacán pasou esta fin de semana por Cuba onde non se rexistrou ningún morto. En Haití, Dominicana e Xamaica finaron 96 persoas.

Redacción - 09:30 01/09/2008
En Cuba xa deron comezo os labores de recuperación

En Cuba xa deron comezo os labores de recuperación

Os estados do sueste de Estados Unidos Louisiana, Alabama e Florida prepáranse para a chegada do furacán Gustav este luns, que se achega con ventos de até 185 quilómetros por hora. Toda a zona está en estado de alerta e máis dun millón de persoas abandonaron xa os seus fogares, afastándose da costa.

Na memoria dos habitantes da rexión permanece fresca a lembranza do Katrina. Arredor de 1.500 persoas morreron e houbo perdas por valor de 80 mil millóns de dólares logo do paso daquel furacán hai tres anos.

Case un cento de mortos no Caribe

Esta fin de semana o Gustav afastábase das costas de Cuba logo de impactar en Isla de la Juventud, con ventos de até 340 quilómetros por hora, e atravesar a provincia de Pinar del Río. Non houbo vítimas mortais, tan só algúns feridos, aínda que os danos materiais foron cuantiosos.

O furacán pasou antes por Haití, República Dominicana e Xamaica, deixando 96 mortos, centos de feridos, case vinte mil damnificados e miles de vivendas e edificios destruídos.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: