Unha empresa estadounidense creou o xogo, na liña de lanzamentos como a versión do Dance Revolution con música de contidos relixiosos.
Caixa do xogo
Un estilo musical tan pouco estendido en Europa pero non estraño nos EUA como é o rock cristián xa ten o seu propio videoxogo. Na liña do famoso Guitar Hero, sae á venda no país norteamericano Guitar Praise: Solid Rock, que, acompañado dunha guitarra USB para PC e Mac custa 99,95 dólares.
Segundo se fai eco Código Cero, o xogo vai acompañado de 52 temas musicais de coñecidas bandas de rock cristián e sairá á venda en setembro. A mesma empresa xa comercializaba Dance Praise, versión relixiosa do Dance Dance Revolution, e que mesmo xa ten unha secuela.