Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA REDE

Rock cristián: a nova alternativa e-musical

Se o Camiño non os levou ao Monte do Gozo esta semana, ou trinta mil católicos e sudorosos mozos lles parecen demais para gozar do festival pop-roc cristián, en internet poden atopar máis eclécticas propostas musicais coa Igrexa coma referente. "Non corras, detente, escapa do inferno e amárrate a Xesús", cantan os Criven, que se iniciaron no hard rock metal católico con Gladiadores de la fe; para maior abaneo de hábitos e sotanas recomendámoslles o punk ska "Só lle canto a Jesús", dos Perniles con Papas ou o "Funk da Cruz", de Patmos; para banda sonora de reclinatorios o Grind Death de "Falsos relixiosos" e troupelean os rosarios ao ritmo de "Resucitou", power trash dos Azeta. Na web Pateando Vermes teñen unha ampla selección. E se queren gatillar na guitarra en comunión coas alturas velaquí un ensaio ao xeito.

- 12:19 06/08/2004
Tags:


0/5 (0 votos)