Nun comunicado televisivo, o presidente Dmitry Medvedev anunciou a sinatura dos decretos, logo de que llo solicitara este luns o parlamento.
Dmitri Medvedev
Finalmente, e malia as advertencias da Administración Bush -contestadas dende o Kremlin coa suspensión da cooperación coa OTAN-, Rusia recoñeceu este martes oficialmente a independencia de Abkhazia e de Osetia do Sur, segundo informan as axencias locais.
O presidente Dmitry Medvedev anunciou por televisión a sinatura dos decretos que lle dan carácter formal a esta decisión, logo de que este mesmo luns, o parlamento lle solicitara á Presidencia este recoñecemento.