Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESENCONTRO

Os socialistas acusan o BNG de “utilizar” os maiores con festas “estilo Fraga”

O PSdeG critica que os seus socios de goberno fagan “arengas políticas” neste tipo de actos.

Redacción - 13:15 22/08/2008

O voceiro do PSdeG no Parlamento, Ismael Rego, cargou este venres contra os seus socios de goberno. Rego acusou o BNG de “utilizar aos maiores” con actos festivos programados por Vicepresidencia. O dirixente socialista facía referencia a un encontro de xubilados que reuniu en Vilalba a 12 mil persoas e ao que acudiu Anxo Quintana. Rego afirma que houbo “arengas políticas” no acto.

O deputado asegura que este tipo de actos son idénticos aos que organizaba o ex presidente Manuel Fraga e denunciou a utilización de fondos públicos para “un acto meramente político”.


1,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: