Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reforma do financiamento

"É a orixe de todos os males", resume o PPdeG sobre o Estatut

O secretario xeral do PpdeG, Afonso Rueda, afirma que Touriño colaborou para abrirlle camiño "á chantaxe catalá".

Redacción - 19:00 11/08/2008

"Que se desculpe e diga que xa non está de acordo co contido do mesmo ou que deixe de encher xornais con manifestacións hipócritas", desafiou este luns o secretario xeral dos populares, Afonso Rueda, ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

"O presidente galego estaba de acordo con que un catalán era máis ca un galego", teimou Rueda na súa intervención, acusando a Touriño de axudar a "crear esta situación". Advertiu o representante do PP de que agora o líder dos socialistas galegos "non pode rectificar sen que Galiza lle recorde os seus actos e palabras de hai máis dun ano".

"Se Touriño quere defender a solidariedade interterritorial e non os privilexios daqueles que máis teñen, o que debe facer é apoiar as teses que sempre defendeu o PP", convidou Rueda, insistindo en que o secretario xeral do PSdeG foi un dos máis firmes defensores do Estatut "e por iso agora non pode pedir a Cataluña solidariedade coas autonomías españolas menos ricas". "Cambia de criterio segundo llo ordenan desde Ferraz", reprochoulle.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: