Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Milleiros de compradores afectados

Malia negalo Martinsa-Fadesa "si vendeu vivendas sen licenza"

Así o aseguran desde a Asociación de Usuarios de Bancos e Caixas, desde onde pedirán a administracións e Banco de España que obriguen as entidades financeiras a informar sobre os avais subscritos pola inmobiliaria.

Redacción - 19:00 24/07/2008




Até máis de 100 mil euros lle entregaron algúns clientes a Martinsa-Fadesa sen recibir pola contra información algunha sobre o preceptivo aval que a lei esixe. Así o está detectando a Asociación de Usuarios de Bancos e Caixas, Adicae, que logo de numerosos requirimentos á empresa non recibiu aínda resposta. A gravidade do caso aumenta dada a situación actual do grupo, en suspensión de pagos, de xeito que eses avais poderían ser a única esperanza dos consumidores de recibiren as cantidades íntegras que xa aboaran. Por este motivo, o colectivo deseñou para os afectados unha folla modelo de reclamación para entregárena na ducia de entidades coas que traballa habitualmente Martinsa-Fadesa e solicitaren esa información.

Adicae vai dirixirse directamente ás respectivas direccións xerais de Vivenda en todo o Estado para instalas a investigar o acontecido e garantiren que os dereitos dos consumidores sexan respectados. Alén da documentación dos avais, as cantidades entregadas a conta polos consumidores deberan ter sido depositadas en conta aparte, tal e como estabelece a lei. Con todo, trátase de prácticas irregulares practicadas por outras promotoras-inmobiliarias, segundo detectou a asociación.

Ao respecto, desde Martinsa-Fadesa atribúenlle a responsabilidade deste tipo de actuacións en exclusiva a Fadesa, no tempo en que, antes da fusión, Manuel Jove pilotaba a inmobiliaria. Así, xa en días pasados aseguraban que as vivendas comercializadas antes de obteren licenza de construción procedían de Fadesa, subliñando que trataron de corrixir esas prácticas unha vez mercada a empresa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: