A agrupación teatral barcelonesa participa un ano mais nas Xornadas Teatrais de Córgomo.
Os Furafollas veñen colaborando activamente nas edicións anuais que organizan coa Asociación Cultural Florencio Delgado Gurriarán de Córgomo, ambos os dous membros de Rede.cat. Hogano, alén dos obradoiros de teatro e participación no pasarrúas, levarán a obra "O pequeno favor" e compartirán o escenario e as rúas de localidade co Colectivo Pista Catro, Mofa e Befa, Festicultores e con FDG Teatro, entre outros.
Na programación das xornadas, que contan co Pregón de Xosé María Álvarez Cáccamo, tamén hai unha exposición homenaxe a Isaac Díaz Pardo. Pódese consultar a baixo ou na web de Furafollas máis información sobre as VII Xornadas Teatrais de Córgomo.