Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
E TAMÉN QUICO CADAVAL. ATÉ O 4 DE AGOSTO.

Furafollas participa nas VI Xornadas Teatrais de Córgomo

A agrupación teatral barcelonesa colabora nunhas xornadas que son un referente cultural na comarca de Valdeorras.

Xabier Paradelo - 15:00 25/07/2007

Furafollas compartirá dende hoxe escenario e programa coa FDG Teatro de Córgomo, onde levarán o seu espectáculo "Os Troleiros de Provença", ben coñecido polo público barcelonés, e por onde tamén pasarán as "Pantasmas Familiares" de Quico Cadaval.

As xornadas teatrais son organizadas anualmente pola Asociación Cultural Florencio Delgado Gurriarán. Entre os obxectivos que ten a entidade están dinamizar a comarca valdeorresa seguindo o exemplo do poeta, nacido en Córgomo e que da nome á asociación, e demandar á Real Academia Galega que se lle dedique o Día das Letras Galegas.

Tamén pretende achegar a literatura ao público a través do teatro, potenciar a toponimia e os xogos tradicionais e traer anualmente un grupo de teatro portugués, seguindo a fuxida de Florencio Delgado Gurriarán no 1936 cara a Portugal. Como cada ano, faise unha homenaxe á un membro da Real Academia Galega: nesta edición o agasallado será o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín.

A Agrupación Teatral Furafollas e a Asociación Cultural FDG son membros de Rede.cat. Na web das xornadas teatrais pódese ver o programa completo.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Furafollas, "Unha de Romanas", 22 de novembro de 2006, Galería Sargadelos de Barcelona
Furafollas, "Unha de Romanas", 22 de novembro de 2006, Galería Sargadelos de Barcelona