Quintana reivindica o BNG como "ferramenta indispensábel" para que comecen as obras do tramo a Ourense.
O voceiro nacional do BNG e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, reivindicou este domingo a formación nacionalista como "ferramenta indispensábel" para conseguir que as obras do TAV, no tramo Lubián-Ourense, comecen "canto antes".
Nun acto reivindicativo na localidade de Lubián, ao que asistiron máis de douscentos militantes e simpatizantes do BNG, o líder nacionalista insistiu "na necesidade" de que o Goberno central "se comprometa" con Galiza para lograr cumprir co prazo fixado de 2012.
"Non abonda con que se cumpra coa partida orzamentaria", sinalou Quintana, ao tempo que subliñou que "agora é necesario que o goberno responda á reivindicación histórica de todos os galegos e dea vía libre ao comezo das obras".