Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
9 MILLÓNS EN DOUS ANOS

Plans TIC para o eido local serán obxectivo das novas axudas á promoción das novas tecnoloxías

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco deu conta da ampliación dos convenios co ministerio no marco do Plan Avanza.

Redacción - 17:08 14/07/2008

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, deu conta este luns da sinatura de tres addendas ao convenio do Plan Avanza asinado co Ministerio de Industria e que permitirá ampliar os programas Concellos Dixitais, Cidadanía Dixital e Peme Dixital con 9 millóns de euros. O obxectivo da consellaría é impulsar a sociedade da información na administración local, no tecido social e no sector empresarial do país.

Cada programa contará cunha asignación de arredor de 3 millóns de euros para os exercicios 2008 e 2009. Do importe total, o ministerio achegará 4,9 millóns, a consellaría 3,3 e os gobernos locais medio millón para o programa Concellos Dixitais.

Este programa axuda a implantar a administración electrónica e a que a cidadanía e as empresas poidan acceder a servizos na rede. Inclúense tres tipos de actuacións: a elaboración de Plans Directores da Sociedade da Información nos concellos, a implantación da administración electrónica e a dotación de servizos dixitais para empresas e cidadáns no eido local.

O programa Cidadanía Dixital ten como obxectivo incrementar o número de usuarios de internet, fomentando o uso das novas tecnoloxías, mellorar a accesibilidade á rede e ampliar a formación en TIC. Inclúe axudas para a compra de computadores para autónomos, para a produción de contidos dixitais na rede, para os que convocará premios, e asinará convenios cos colexios profesionais e entidades sen ánimo de lucro.

Por último, o programa Peme Dixital diríxese a incrementar o grao de adopción das TIC no tecido empresarial do país para xerar emprego e desenvolver a economía. Impulsarase o negocio na rede, a factura electrónica, a certificación dixital, o desenvolvemento de solucións TIC en sectores específicos e os plans estratéxicos nas empresas.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: