O autor da canción galega do verán 2006 vólveo tentar no concurso do 2008 con Vin en caiuco.
Pulpiño Viascón xa sabe o que é gañar A Polo Ghit. De feito, o seu tema In the ocean foi a vencedora da primeira edición do certame, aló polo ano 2006. Agora, acompañado da Banda Arpón, vólvese presentar cunha canción relacionada coa inmigración. Vin en caiuco é a historia da esperanza dunha persoa que chega de África na busca dunha vida mellor.