Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANTEPROXECTO DE LEI

A Xunta endurecerá as sancións para rematar coas fraudes nos pisos protexidos

A conselleira de Vivenda recoñece que a lexislación vixente non evitou a existencia de numerosas irregularidades.

Redacción - 18:50 08/07/2008

A conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, anunciou este martes que a Lei de Vivenda que aprobará este xoves o Consello da Xunta vai endurecer as multas para rematar coa fraude no uso e na compravenda de vivenda protexida. Táboas recoñece que a lexislación que está agora en vigor non evitou que siga a haber uso irregular dos pisos de promoción pública.

O feito de ser alcalde e promotor vai ser, cando se aprobe o anteproxecto da Lei de Vivenda, unha “incompatibilidade ética”. Así o recolle o texto presentado pola conselleira. Porén, a propia Táboas recoñeceu que lle sabía a pouco isto e que preferiría que a lei contemplase a prohibición expresa de desenvolver as dúas actividades.

Dende o departamento de Vivenda explicaron que a Consellaría de Presidencia se opuxo a esta prohibición porque entendía que non se podía facer por “cuestións xurídicas”. Aínda así, Táboas considera que o anterproxecto é un importante paso adiante.

Cando o Parlamento referende a nova lei, a Xunta poderá expropiar aqueles inmóbeis que estean gravemente deteriorados, se os propietarios se negan a arranxalos. Tamén está previsto un Fondos Social de Vivenda para garantir o acceso a un fogar aos sectores máis desfavorecidos.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: