É pioneira no Estado en regulamentar esta actividade. O Plan enerxético prevé a instalación dun máximo de 80 MW deica 2012.
A prevención de incendios é outra das vantaxes
O Consello da Xunta aprobou esta quinta feira o decreto polo que se regulamenta o procedemento de autorización das instalacións de produción eléctrica a partir da valorización enerxética da biomasa forestal primaria.
Con esta normativa, desenvolvida pola Consellaría de Innovación e Industria, Galiza convértese en pioneira do Estado neste eido, xa que até o de agora era a lexislación española a que estabelecía as condicións.
O decreto, que conta co consenso co sector, nace co obxectivo fundamental de ordenar a implantación destas instalacións de forma que se acaden os obxectivos de produción marcados dentro do Plan enerxético galego, que prevé instalar un máximo de 80 MW deste tipo deica 2012.
A posta en valor da biomasa forestal primaria busca reducir a dependencia enerxética do exterior poñendo en valor o residuo forestal existente no monte galego, así como contribuír a unha correcta política forestal e de prevención de lumes.