Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Avance no autogoberno

"Ningunha transferencia reseñábel na última lexislatura de Fraga"

O PSdeG destaca a importancia das catro transferencias, "con case 10 millóns de euros de custe efectivo, e 6 millóns de euros en investimentos".

Redacción - 20:00 23/06/2008

"Multiplica cuantitativamente por moito o conseguido polo PP", avaliaba este luns Xaquín Fernández Leiceaga, deputado do PsdeG, ao respecto da xuntanza da comisión mixta na que se efectivizou o traspaso do Parque das Illas Atlánticas, o persoal do Hospital de Defensa de Ferrol, a expedición de títulos académicos non universitarios e a declaración de utilidade pública das asociacións.

Leiceaga comparou a negociación protagonizada pola Vicepresidencia da Xunta coa realizada polo anterior executivo do PP en Galiza, concluíndo que "o PP non tiña, nin ten ningún interese en mellorar o autogoberno de Galiza, e este asunto viuse co Estatuto, xa que foi o único partido que impediu que o país avanzara mais neste camiño". En resposta ás críticas dos populares galegos, o voceiro socialista afirmou que a actual sintonía entre o goberno español e a Xunta "está cumprindo os compromisos e dándolle impulso ao autogoberno de Galiza".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: