Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NORMALIZACIÓN

Lingua de estado fronte a lingua de orixe

O Comité de Rexións da Unión Europea aproba un dictame de fomento do multilingüismo.

Redacción - 10:45 19/06/2008

A Unión Europea pretende que non se equipare o concepto de lingua de orixe ao de lingua oficial do Estado. Esta é unha das liñas que contén o dictame de fomento do multilingüismo, emitido polo Comité das Rexións, e que finalmente recolleu as enmendas presentadas pola Xunta, entre outras institucións. Entende que é preciso recoñecer a realidade de estados nos que conviven varias linguas oficiais, como ocorre co español.

Ademais, o dictame inclúe a oportunidade de que sexan as administracións locais e autonómicas as que desenvolvan as políticas precisas para fomentar o multilingüismo entre os cidadáns. Ademais do propósito que xa recollía o documento antes de introducir as enmendas, ao obxectivo 1+2, é dicir, aprender dúas linguas ademais da oficial, inclúese agora a posiblidade 2+2 para aqueles territorios que conten con dúas linguas oficiais.

Doutra banda, o documento tamén lles recomenda a estes territorios que creen un foro local propoio sobre multilingüismo e proponlles que se tomen as iniciativas necesarias para a sensibilización e motivación da poboación neste eido.


Ligazóns

5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: