Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"ACTITUDE IMPRESENTÁBEL"

Os tránsfugas de Calvos de Randín impugnarán o pleno extraordinario

As persoas que asinaron a moción de censura tamén estudan denunciar o subdelegado do goberno español.

Redacción / EP - 18:45 11/06/2008

As persoas que asinaron a moción de censura do concello de Carlos de Randín pensan presentar unha denuncia penal contra o subdelegado do goberno español en Ourense, Camilo Ocampo, pola súa "actitude impresentábel" durante o pleno extraordinario, ao que non puideron asistir porque llelo impediron os veciños. Ademais, defenderon a impugnación da sesión.

Sandra Rodríguez, voceira do grupo de non adscritos, formado por catro ex-edís do PP e outro do PSOE, dixo que discutirán cos seus avogados a posibilidade de denunciar a Ocampo "se tempos algunha posibilidade de facelo".

A concelleira asegurou que este martes envioulle dous comunicados á subdelegación para que lle dese "orde á Garda Civil para actual" e que a convidaron por teléfono "con actitude chulesca a que puxese unha denuncia".

Tanto se presenta a denuncia como se non, considerou que tanto Ocampo como o alcalde de Calvos de Randín, o socialista Aquilino Valencia, teñen que dimitir "se teñen algo de vergoña" pola súa responsabilidade política nos incidentes.

Tamén anunciou que impugnará a sesión por non haber, segundo os seus datos, quórum abondo para debater a moción de censura, que require a presenza da maioría absoluta dos concelleiros. Por iso, confirmou que "imos levar todo á xustiza".

Máis reaccións
Na mesma liña pronunciouse o presidente do PP de Ourense, Xosé Luís Baltar, que dixo que "non se pode impedir pola forza" a entrada no concello dos asinantes da moción, e engadiu que nun Estado de Dereito "non pode pasar" o do martes.

Por outra banda, o grupo socialista de Celanova lle preguntou ao alcalde, o popular Antonio Mouriño, que se pronuncie sobre a legalidade de que un policía local da vila actuase de "garda de seguridade" dos que asinaron a moción en Calvos. "Se é verdade que o PP non está detrás da moción", expuxeron, "o mínimo que deben facer é condenar que unha persoa tan vencellada ao PP actúe como escolta dos tránsfugas".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: