Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
E-ADMINISTRACIÓN

Todos os trámites municipais poderanse efectuar por vía electrónica en 2009

A directora xeral de Administración Local anunciou a posta en marcha de medidas para garantir o acceso telemático da cidadanía á administración municipal.

Redacción - 12:00 10/06/2008
Concello de Ferrol / Flickr: Manuls

Concello de Ferrol / Flickr: Manuls

O ano que vén a administración electrónica estará completamente implantada nos concellos do país. A directora xeral de Administración Local, Begoña Rodríguez Rumbo, anunciou nunha comparecencia parlamentaria que o Goberno está a poñer en marcha actuacións para que todos os trámites administrativos locais se poidan efectuar por vía telemática.

Segundo anunciou, o departamento está a avanzar durante este exercicio 2008 nunha fase "decisiva" de análise da situación dos concellos para implantar a administración electrónica, que se desenvolverá mediante unha plataforma informática específica que ligará as relacións entre Xunta e concellos. Para iso, haberá que dotar os gobernos locais do material informático necesario.

Begoña Rodríguez prognosticou que a finais do 2009 quedará "totalmente superada" a tramitación "en papel", e que "todos os concellos poidan ofertar os mesmos servizos a toda a súa cidadanía". Segundo a directora de Administración Local, este será o xeito de acadar unha administración "moderna, áxil e eficiente", propia do século XXI.

Para acelerar a implantación, poñeranse en marcha accións como reforzar o portal Eidolocal, ceder 705 equipos informáticos aos 302 concellos que os solicitaron e formar os cargos públicos e persoal das entidades locais no seu uso, e que xa dispoñen de tarxetas de sinatura dixital.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: