"Non hai problemas de oferta e demanda", declarou o presidente da organización, o alxerino Chakib Khelil.
"Non hai problemas de oferta e demanda. O prezo do barril sería de 70 dólares se non houbese unha burbulla causada pola especulación", afirmou este luns o presidente en exercicio da Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP), o alxerino Chakib Khelil.
O mandatario explicou que a oferta de cru supera actualmente á demanda no mercado mundial, onde o barril alcanzou o venres pasado o prezo histórico de 139 dólares na bolsa de Nova York, e agregou que a esta situación contribúen a debilidade do dólar, pola crise en EUA, e as "tensións xeopolíticas", en referencia ao conflito entre Israel e Irán polo programa nuclear deste último país.
Polo menos 40 dos case 140 dólares que custa o barril de petróleo son por mor da depreciación do dólar estadounidense, dixo Khelil, que recordou que a OPEP mantén a xuntanza prevista para o vindeiro 9 de setembro en Viena coa finalidade de avaliar o mercado e tomar decisións para estabilizalo.