A Consellaría de Medio Rural alertou a Garda Civil e a Policía Xudicial, co fin de que se esclarezan os motivos e a autoría dos feitos.
Vista dende a torre
A Garda Civil e a Policía Xudicial investigan un posíbel acto de sabotaxe na torreta da base aérea de Toén (Ourense), logo da denuncia feita este domingo pola Consellaría de Medio Rural, co fin de esclarecer os motivos e a autoría dos feitos.
Os seis tirantes de fundición que ten a torreta amarrados ao pé da estrutura apareceron cortados, e a protección da escaleira no tramo medio estaba rota.
Medio Rural destacou a "irresponsabilidade" dos autores deste suceso, producido na semana previa ao inicio da campaña de alto risco, "ao pretender dificultar a operatividade e a eficiencia do dispositivo contra incendios".
Ademais, indicou que esta "sabotaxe" supón un "agravio" contra o erario público, xa que obriga a restaurar os danos causados con diñeiro dos cidadáns, o que "evidencia", segundo a consellaría, "un escaso aprecio polo servizo público".