Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PP di que é "copia" da catalá

Unha lei da paisaxe como eixo para "un novo modelo de desenvolvemento"

PSdeG e BNG votaron a prol da tramitación dun texto pioneiro que deberá servir para "combinar crecemento económico con políticas de conservación".

Redacción - 09:00 28/05/2008

"Ofrecerá un amplo abano de posibilidades para que transversalmente a desenvolvamos todos os membros do Goberno", explicaba este martes no Parlamento o responsábel de Medio Ambiente, Manuel Vázquez. Segundo o conselleiro, a Lei da Paisaxe, aprobada polo Consello da Xunta o pasado 27 de marzo, será unha ferramenta que lle permitirá a Galiza "poñerse á cabeza dun novo modelo de desenvolvemento". Vázquez referíase así ademais ao carácter pioneiro dunha lexislación que até o de agora a nivel estatal só deseñaron en Cataluña e na Comunidade Valenciana.
O conselleiro tamén aproveitou para contrapoñer o nacemento deste proxecto coas políticas do anterior goberno do PP que na súa opinión "para facer normativas que non se puideran cumprir xa tivo dezaseis anos para lexislar todas as que quixeron, como as leis do solo ou a biodiversidade". A normativa impulsada polo executivo prevé a creación de varios instrumentos nas políticas de paisaxe como serán os Catálogos da Paisaxe Galega, as Directrices da Paisaxe, os Estudos de Impacto e Integración e os Plans de Accións en Áreas Protexidas .
Avaliación do PP: copia da catalá e fomento de inseguridade xurídica
"Limítase a efectuar unha declaración de intencións, coa que renuncia a establecer un modelo propio para Galiza", consideran ao respecto desde o PPdeG, que este martes presentou unha emenda á totalidade da Lei da Paisaxe. Segundo o voceiro popular de Medio Ambiente, Xaime Castiñeira, a norma é "unha mala copia mutilada da lei catalá nesta materia".

"Lonxe de protexer a paisaxe limítase a unha interpretación ambientalista que enlentece a súa protección e se limita a multiplicar a burocracia e os atrancos que deberá superar calquera cidadán que promova un proxecto que se inclúa no ámbito de aplicación da nova lei", opinou Castiñeira.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: