Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRIMEIRO PASO PARA OS IDIOMAS MINORIZADOS

A constitución francesa recolle que “as linguas rexionais tamén pertencen ao seu patrimonio”

A Asemblea Nacional acordou modificar o artigo primeiro da súa carta magna.

Redacción - 10:50 23/05/2008
A ministra de Cultura, Christine Albanel, dixo que Francia non vai asinar a Carta Europea baixo ningún concepto

A ministra de Cultura, Christine Albanel, dixo que Francia non vai asinar a Carta Europea baixo ningún concepto

Por vez primeira na historia de Francia, as linguas minorizadas teñen un recoñecemento oficial. A Asemblea Nacional aprobou este xoves unha pequena modificación do artigo número un da constitución cunha engádega histórica “as linguas rexionais pertencen ao patrimonio do Estado”.

O paso dado pola Asemblea Nacional visibiliza en Francia linguas como o bretón, o vasco, o occitano ou o catalán. Os colectivos a prol dos dereitos das linguas minorizadas móstranse contentos polo paso dado, pero advirten que Francia se ten caracterizado historicamente polo seu rexeitamento ao plurilingüismo. Un exemplo é a negativa do goberno francés a asinar a Carta Europea de linguas minorizadas.

Anterior:Francia comeza a dar pasos tímidos para un recoñecemento das linguas minorizadas


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: