Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
COPYRIGHT

A industria cinematográfica dos EUA gaña un xuízo contra unha web de P2P

O portal TorrentSpy declarouse en creba despois de ser condenado a pagar unha multa de 71 millóns de euros.

Redacción - 13:13 09/05/2008
Mensaxe na web de TorrentSpy

Mensaxe na web de TorrentSpy

A batalla que se está a producir nalgúns países, en concreto nos EUA, contra as descargas na internet rematou, polo momento, cunha nova vitoria da industria cinematográfica. A Motion Picture Association of America (MPAA) conseguiu que se lle impuxese unha multa de 110 millóns de dólares (71 millóns de euros) ao portal TorrentSpy, que se declarou en creba.

A web de busca de arquivos da rede Bittorrent leva pechada dende marzo, despois de dous anos de proceso xudicial. Aínda que, polo xeral, en Europa se tolera o intercambio de arquivos como un xeito de promover o acceso á cultura, nos Estados Unidos considérase que se produce unha violación dos dereitos de autor. Ademais, existe o precedente da condena a Grokster en 2005 por "incitar" ao delito aos seus usuarios.

30 mil dólares por cada un dos máis de 3.000 filmes
A sentenza da xuíza Florence-Marie Cooper, de Los Angeles, impón unha multa de até 30.000 dólares por cada un dos máis de 3.600 filmes e series aos que se podía acceder dende TorrentSpy e cuxos dereitos xestionaba a MPAA. Ao parecer, o organismo obtivo as probas, correos electrónicos internos de TorrentSpy, mercándollos a un cracker.

Rob Anderson, ex-socio do portal, vingouse intervindo o correo interno da empresa por desavinzas co seu propietario, e decidiu poñerse en contacto coa MPAA á que lle vendeu 34 páxinas de información por, supostamente, 34 dólares e asinou que as obtivera de xeito legal. Aínda que a web alegou que as mensaxes foran obtidas ilegalmente, TorrentSpy acabou perdendo o xuízo. Por se fose pouco, a revista Wired publicou unha entrevista con Anderson na que confesaba ter cobrado 15.000 dólares pola información.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: