Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Pouco despois da última manifestación cidadá

A Xunta concederá a autorización ambiental a Ence para tres anos máis

O conselleiro de Medio Ambiente xustifica a decisión, asegurando que é o tempo que a empresa deberá empregar en "comezar o desmantelamento e traslado".

Redacción - 12:30 04/05/2008

"É unha ferramenta necesaria para traballar baixo unhas calidades ambientais e non se lle daría se non cumprise eses requirimentos", aseguraba Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente, durante unha entrevista na Radio Galega este domingo.

Vázquez xustificou que a "autorización ambiental integrada" que o Goberno lle concederá ao complexo industrial de Ence na ría de Pontevedra terá "unha duración máxima de tres anos", subliñando que estará por baixo do prazo concedido a outras empresas. No mesmo sentido, insistiu en que será o tempo que "á empresa lle debe levar o comezo do desmantelamento e traslado".

Ao respecto indicou que a Xunta segue traballando co obxectivo de que a papeleira desapareza da ría antes de 2018, data na que remata a concesión á empresa. "Non se pode ir a posturas maximalistas e radicais, Ence non se vai ir mañá", afirmou Vázquez.

O recoñecemento en público desta decisión do executivo chega apenas unha semana despois de que milleiros de persoas acudisen en Pontevedra á manifestación convocada pola Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR). Entre os motivos cos que se convocara esa mobilización estaba expresamente a petición á Xunta de que non lle concedese a Ence a autorización ambiental integrada á que finalmente o Goberno accede.


3,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: