Segundo os datos do Sergas, os homes están agardando unha media de 87 días para entrar en quirófano e as mulleres 86.
O secretario xeral do Servizo Galego de Saúde, Caetano Rodríguez, deu a coñecer este venres os datos do primeiro trimestre de 2007 sobre as listas de espera na sanidade pública para operarse. O alto cargo de Sanidade recoñeceu que o tempo de espera aumentou en dous días con respecto ao mesmo período do ano pasado. Segundo as estatísticas internas, un varón tarda unha media de 87 días en ser operado e unha muller un día menos.
Rodríguez cre que a demora para operarse aumentou debido a que Semana Santa caeu este ano no primeiro trimestre o que afectou á programación das intervencións. Porén, os membros da Consellaría de Sanidade mostráronse convencidos de que a final de anos darán resultado as medidas postas en marcha pola Xunta para reducir o tempo de agarda para as operacións. Caetano Rodríguez confía que dentro de seis meses ninguén agarde máis de 77 días para pasar polo qurófano.
Poden ver as gráficas comparativas aquí