Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Róuballes aos pobres para dárllelo aos ricos"

Méndez Romeu, o "Robin Hood inverso"

A CIG alerta de que Presidencia "despedirá" empregados da limpeza para financiar tres cargos de libre designación.

Redacción - 12:27 26/04/2008

A CIG alertou este venres de que a Consellaría de Presidencia "despedirá" traballadores da limpeza e de mantemento do Xulgado de Verín para financiar tres prazas de libre designación "para os amigos".

"Para crear tan só un deses postos non lles importa poñer de golpe na rúa 14 empregados da limpeza", censurou o sindicato nacionalista nun comunicado.

Neste senso, definiron o titular desta consellería, Xosé Luís Méndez Romeu, como o "Robin Hood inverso" porque "non ten en escrúpulos en roubarlles aos pobres para dárllelo aos ricos", e anunciaron concentracións de repulsa, ás que animan a acudir a outras centrais sindicais.

Ademais, convidaron con sorna o conselleiro socialista a que abandone a Xunta para unirse á presidenta da rexión autónoma española de Madrid, Esperanza Aguirre, "nun proxecto neoliberal consecuente coas políticas que se están a practicar no Goberno galego".


4,85/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: