Desta quinta feira e até domingo estará aberta a carpa na Praza Rodríguez Cadarso no Campus Sur de Compostela.
Os loitadores Nicolás Castro e José Cuba, con opcións a participar nos Xogos Olímpicos de Beixín 2008, han ofrecer, esta quinta ás 18:00 horas, unha exhibición na Carpa "Galiza, nos Xogos Olímpicos", que está instalada (até domingo) no Campus Sur de Compostela (Praza Rodríguez Cadarso, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas).
O club de loita Stellae realizará o seu adestramento, xusto unha hora antes dos loitadores, para dar a coñecer este deporte á xente nova que se achegue ao lugar. Ademais, durante os días que ha permanecer aberta a carpa, Nicolás Castro e José Cuba estarán na carpa e impartirán clases aos e ás máis pequenas.