Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Chegada, directamente, da Coruña

A carpa 'Galiza nos Xogos Olímpicos' chega a Compostela

Estará aberta ao público até domingo na Praza Rodríguez Cadarso, no Campus Sur. A semana que vén volve abrir de quinta feira a domingo.

Redacción - 11:46 18/04/2008
Cando o facho olímpico galego percorreu A Coruña, camiño da carpa

Cando o facho olímpico galego percorreu A Coruña, camiño da carpa

Ás 12:30 horas desta sexta feira ábrese a carpa "Galiza nos Xogos Olímpicos" que está situada na Praza Rodríguez Cadarso no Campus Sur compostelán. O vindeiro domingo pecha (para volver abrir a semana que vén, de quinta feira a domingo), pero antes están organizadas unha chea de actividades relacionadas cos olímpicos galegos.

De feito, o día da apertura vai estar a selección galega de taekwondo, que ofrecerá unha exhibición do seu traballo, que a levou a ser unha das mellores de Europa. Tamén han estar a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e a campioa de Europa de taekwondo, a ribeirá Fani Hernández, acompañadas polas xogadoras do Pío XII e do Autos Lobelle.

Alén da exhibición taekwondista, tamén haberá outras de loita e unha ampla zona na que practicar varios deportes, como o baloncesto, o futsal, o voleibol, o balonmán...).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: