Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No Congreso dos Deputados

O BNG solicita as comparecencias de Espinosa, Chacón e Moratinos polo secuestro do 'Playa de Bakio'

Para informar das medidas que está a adoptar o goberno español neste caso, así como para evitar que se poidan producir de novo.

Redacción - 18:50 22/04/2008

A deputada do BNG no parlamento español Olaia Fernández Davila solicitou esta martes as comparecencias na cámara dos ministros responsábeis do gabinete de crise que está a xestionar o secuestro do Playa de Bakio; é dicir, a ministra de Medio Mariño, Elena Espinosa, a de Defensa, Carme Chacón, e o de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos.

O obxectivo é, segundo informaron fontes nacionalistas, que o goberno español informe os representantes parlamentarios da situación do atuneiro secuestrado, así como das actuacións levadas a cabo até o de agora polo executivo para a liberación dos 26 mariñeiros.

Ademais, con vistas ao futuro, o BNG quere que se expliquen que medidas ten previsto adoptar o goberno español para evitar que este tipo de sucesos se repitan e para garantir a seguridade dos pesqueiros que faenan nesas augas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: