Os "vellos" do Superdepor venceron ao Betis por 22-4. Camiñan de présa cara o título da Liga de Fútbol Indoor.
Os xogadores máis míticos do Depor, dirixidos por Arsenio Iglesias, demostraron o que son capaces de facer, aínda que lles medrasen o bandullo e os anos.
Non estaban entre os favoritos, pero, polo de agora, non perderon un só partido dos disputados na Liga de Fútbol Indoor. Tampouco fallaron ante un Betis que perdeu todos os encontros cantos xogou.
Xogaban en Ferrol, e o público ovacionou a Donato cando apareceu sobre a moqueta verde que fai de céspede. Fran tamén estaba, máis inspirado que de costume. O que non estaba era José Ramón, que andaba mancado nos xemelgos. Sete goles chegaron na primeira parte.
Os goles
Na primeira parte marcaron Turu Flores (1-0); Tais (1-1); Fran (2-1); Fran (3-1); Donato (4-1); Manjarín (5-1); Márquez (5-2); Manjarín (6-2); Jaime (7-2). E na segunda parte volveron marcar Donato (8-2); Manjarín (9-2); Fran (10-2); Fran (11-2); Manuel (12-2); Márquez (12-3); Jaime (13-3); Manuel (14-3); Fran (15-3); Manjarín (16-3); Manjarín (17-3); Fran (18-3); Romero (19-3); Manuel (20-3); Manuel (21-3); Romero (22-3); Julio (22-4).
O vindeiro partido dos do Depor vai ser na casa, no pavillón de Riazor fronte ao Atlético de Madrid. Djalminha xa confirmou a súa participación, agora faltan os míticos Bebeto e Mauro Silva, xogadores que a afección agarda con ansia.