O Centro Galego de Barcelona convoca o seu clásico premio literario que chega a décima edición.
A convocatoria mantén as bases de cada ano con modalidades de prosa e verso e cun premio de 400 euros para cada unha. Poderanse presentar textos en galego, ou tamén en castelán e catalán, sempre e cando estean ambientadas en Galiza ou con referencias á Galiza exterior. Pódense consultar as bases completas a pé de páxina. O prazo remata o vindeiro 23 de abril.
O boletín mensual do Centro Galego tamén dá conta do XI Encontro de Corais da Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya, o vindeiro sábado 19, na que hogano participan, alén do coro "Lonxe da Terra" do Centro, as corais "Cengallei" de Lleida, "A Nosa Galicia" de Mollet, "Alborada" e "O Botafumeiro" de Cerdanyola.
X Certame Literario de San Xurxo
Centro Galego de Barcelona
Les Rambles, 35-37
Prazo: 23 de abril de 2008
XI Encontro de Corais
Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya
Sábado, 19 de abril de 2008, 19 h
Igrexa de Sant Jaume
Ferran, 28 | Barcelona